HO

Blogue do grupo Xente da Casilla


Mary Cotelo e Silvia Tasende

Marisa e Mary. Fillas Manolo Prado

De pediatra a xerontólogo


 Eu nacín preto da casa da tía Chucha e do tío Manuel de Prado, alá na Casilla de Carballo. Eu frecuentaba moito aquela casa, pois os tíos eran moi protectores coa familia da miña avoa, viuva de guerra con sete fillos. Naquela casa coñecín a Pedro Tasende, mozo da curmá de meu pai, Marisa. Pedro estaba estudando medicina en Santiago e xa daquela era o meu pediatra de cabeceira.Funlle a voda, celebrada nunha igrexa da Coruña, creo que oficiou a cirimonia un irmán crego de Pedro.A comida foi nun restaurante preto do estadio de Riazor. Debiu ser no 1970, pois na festa soaba a canción de Mungo Jerry In the summertime de moda naquel ano. De alí a pouco naciu Patricia. Miña avoa foi a coidala, pois a tía Chucha tiña un negocio na praza, e eu iache moitas veces a casa dos Prado axudarlle a miña avoa coa nena, a ver a televisión, pois nos non tiñamos, e a comer aquelas tortillas tan ricas que facía a tía Chucha. Veu a miña adolescencia e xa as miñas visitas foron a menos. Pedro Tasende seguiu a ser o meu pediatra ata que fun para a mili. Non é que fose moito a consulta de Pedro, pero as veces que fun solucionoume os problemas. Fun pai e como non? levamos o noso fillo ao pediatra Tasende ata que se independizou. Non vai moito vin a Marisa andando e detrás ía Pedro. Saudeino, saudoume e decateime que algo pasaba, que non era el...Estou seguro que se non tivera ese mal que o levou eu seguiría a consultalo por problemas que temos os vellos. De aí o título desta homenaxe de PEDIATRA A XERONTÓLOGO.


Laboratorio Escénico Coop no III Premio "Luísa Villalta"


As Mapoulas

 Mulleres libres de Monte Alto/As Atochas, casas refuxio Laboratorio Escénico S. Coop.Galega.

Creación escénica onde se mestura a dramaturxia teatral, a danza, a música, a poesía e o vídeo. A obra centrase na figura histórica de Alicia Dorado, anarquista panadeira de 25 anos, e na súa casa refuxio na rúa do Carmen, na cidade de A Coruña. O proxecto trata a vida das casas refuxio, militancia, o compromiso, as relacións coas outras compañeiras, o barrio e a liberdade nun contexto de gran represión que remata o 10 de xullo de 1937 coa súa morte e a doutras compañeiras/os nun asalto policial.

 

Fonte: Deputación da Coruña (Cultura).

Humor gráfico

Etiquetas

Derrubando Muros

Laboratorio Escénico Coop

Arquivo do blogue