HO

Blogue do grupo Xente da Casilla


Como participar neste blog


Calquera que teña relación co barrio da Casilla pode formar parte do equipo deste blog. Só tes que enviar un correo aos administradores,(Milagros Cotelo, José Manuel Canedo, Juan J. Barro) no  que indiques unha dirección propia válida á  que poidamos enviarche a invitación. Unha vez recibida, deberás rexistrarte mediante un simple procedemento marcado por Blogger. A partires dese momento poderás subir ao blog as túas contribucións.

Rogamosche que  cumpras unhas pequenas normas:

1º.- Isto é un blog, non un teléfono móbil. Por favor, escribe o mellor que podas e sepas. Non utilices abreviaturas extrañas ou lenguaxe SMS. Se non tes experiencia en Blogger tes unhas pestañas en "Fotos" que che  din como facer para subir fotos ou vídeos. No caso de que precises axuda para a corrección ou o diseño da  entrada (alinear, insertar imáxenes...) contacta cos administradores, e intentaremos axudarche no que sexa posible.

2º.- Podes utilizar calquera medio de expresión artística neste blogue: información sobre o barrio, fotografías, poesía, historias, reflexións personais, música, vídeos, humor... o que desexes. Unicamente rogamos que as entradas non teñan contidos claramente ofensivos, de mal gusto, pornográficos ou similares, xa que logo serán eliminados. Se o autor persiste nilo, darase de baixa do blogue.

3º.- Sé orixinal. Non copies entradas de outros blogues que non sexan teus.  Se usas textos ou imaxes doutros nomea a fonte se a coñeces, por deferencia cara o seu autor.

Grazas pola túa  colaboración!

Humor gráfico

Etiquetas

Derrubando Muros

Laboratorio Escénico Coop

Arquivo do blogue